|
|
O pasado domingo disputouse no ourensán circuito de Monterrei, unha nova edición do Memorial Alejandro Lorenzo de campo a través para categorías menores, conxuntamente con Cto. Galego Cadete e Xuvenil. Coma sempre, os nosos atletas tiveron unha magnífica actuación onde destacan os seguintes resultados: - Oro para o equipo benxamín femininio e prata individual para Silvia López López.
- Prata para os benxamíns masculinos
- Prata do conxunto infantil feminino.
- Oro cadete masculino e novo campión galego, Miguel González Carballada.
- Lucía López López acadou tamén o primeiro posto do podium na categoría alevín feminino.
Destacar asemade, o primeiro posto do xuvenil José Portero, agora nunha nova categoría correndo polo equipo do ADAS de Valdeorras. Parabéns a todos!  |
|
|

O noso Colexio ven de ser galardonado co primeiro premio na categoría de Belén Viviente, no certame da Asociación de Belenistas de Lugo. A obra " La Navidad de Don y Doña" representada polos 50 alumnos e alumnas do terceiro curso de Ed. Infantil, foi merecedora desta mención pola súa orixinalidade e fermosura. Parabéns aos actores pola súa entrega e ilusión, e as súas mestras Nerea e Marisa, polo seu gran esforzo na confección deste maravilloso proxecto. |
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 4 de 24 |