Política de calidade
POLÍTICA DE CALIDADE PDF Imprimir


MISIÓN



 

  •  Unha educación de inspiración cristiana, católica e franciscana aberta a todos cantos desexen compartir esta visión do home e do mundo.
  •  Unha educación integral ao servicio do alumno para desenvolver a  súa dignidade como persoas, a súa dimensión social e trascendente, a súa liberdade e autonomía e a súa capacidade para ser protagonistas da súa propia vida e aprendizaxe.
  • Unha pedagoxía:

- harmónica, que cultiva tódolos compoñentes da personalidade humana, adaptándose gradualmente ao desenvolvemento evolutivo.

- personalizada, dinámica, creativa e participativa, que busca un equilibrio entre o teórico, o manual e o técnico.

- lúdica, que orienta ao alumno para o ocio e o seu aproveitamento, resaltando a cultura e o deporte.

- gratificante, que fai que o alumno se sinta feliz no seu traballo, nas súas  relacións cos profesores e compañeiros e en tódalas actividades que constitúen a vida do Colexio.

-  que favorece a atención á diversidade.

  • Xornada única, servicio de comedor e amplia programación de actividades complementarias e extraescolares (relixiosas, lúdico-deportivas e culturais) encamiñadas ao desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas como vehículo de socialización que fomenta a integración, amizade, compañeirismo e hábitos de vida sana.
  • Un equipo de profesionais docentes e non docentes, motivado e comprometido coa mellora da práctica educativa a través da formación continua e a incorporación de novas tecnoloxías á educación.
  • Unha dirección comprometida co cumprimiento dos requisitos legais e regramentarios aplicables.

 


 

VISIÓN


 

Nun prazo de dous ou tres años  gustaríanos :

  • Manter un eficiente Sistema de Xestión de Calidade para satisfacer as necesidades de alumnos, pais, persoal docente e de servicios procurando unha mellora continua.
  • Emplear unha metodoloxía innovadora que permita aos nosos alumnos alcanzar as competencias intelectuais e humanas.
  •  Orientar aos nosos alumnos para  que afronten con  éxito o seu futuro académico ou profesional.
  • Cultivar e potenciar a relación entre o centro e os antigos alumnos para que sigan participando do espíritu da comunidade educativa.
  • Lograr unha maior implicación dos pais a través de un seguimiento constante dos seus fillos, dun trato cordial, persoal e cercano e da súa participación a través da AMPA e do Consello Escolar.
  • Seguir consolidándonos como un centro educativo de referencia na cidade de Lugo.
  •  Facer da formación continua do profesorado un móbil da práctica docente.
  • Seguir mellorando na coordinación docente.

 


VALORES


 

  • Transmitir o espíritu de San Francisco de Asís a través da verdade, a ledicia, a fraternidade, o respecto, o amor a toda criatura e  á natureza enteira para ser  « instrumento de paz » na sociedade actual.
  • Fomentar o esforzo, a colaboración e o gusto polo traballo ben feito.
  • Facer da educación unha vivencia enriquecedora e creativa, tanto no aspecto académico como no aspecto humano.
  • Capacitar  aos nosos alumnos para ser homes e mulleres autónomos, libres, responsables e con espíritu crítico.
  • Vivir a solidaridade, a xustiza e o compromiso coa sociedade e coa familia.
  • Facer do compañeirismo unha referencia da comunidade educativa.
 
Colexio PP. Franciscanos Lugo