Proxecto educativo


¿CALES SON AS NOSAS INTENCIÓNS EDUCATIVAS COMO ESCOLA CATÓLICA? PDF Imprimir

a) A misión da nosa escola é "a Misión da Igrexa que ten como reto anunciar o Evanxeo como resposta aos interrogantes do ser humano en cada contexto cultural". Por iso:

  • Promovemos a formación integral dos alumnos dacordo cunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo.
  • Impartimos unha ensinanza relixiosa e vida, axeitada ás orientacións da Igrexa.
  • Propoñemos unha síntese de fé, cultura e vida, situando sempre no centro a persoa na súa integridade.
  • Favorecemos no Colexio un ambiente de apertura á fé onde:

           - Os profesores mantemos un estilo de relación caracterizados polo respecto ao alumno, a cercanía e a disponibilidade.

            - Implicámonos na realización da reflexión-oración da mañá.

            - Propoñemos, respectando sempre a liberdade dos alumnos, actividades e experiencias que favorezan a apertura ao compromiso cristiano e á vivencia relixiosa.

              - Coidamos as accións catequéticas para aqueles que o desexan.

             - Axudamos a mirar máis alá da realidade para descubrir a trascendencia das accións.

b) O noso Centro implusa a vivencia da xustiza e da solidariedade. Por elo educamos na xustiza, asumindo as implicacións persoais que conleva:

  • Valorando o traballo dos alumnos dacordo coas súas posibilidades e co seu esforzo persoal, fomentando a equidade entre todos.
  • Provocamos a reflexión crítica sobre as realidades de inxustiza existentes na nosa sociedade, para que o alumno as descubra por sí mesmo e o leve ao compromiso.
  • Fomentamos a sensibilidade para competir, como a primeira forma de ser solidario.
  • Procuramos a solidariedade cos máis pobres e marxinados, coñecendo a súa realidade e participando en accións solidarias a favor da paz, a igualdade, a ecoloxía...

c) Respectamos os dereitos de todos os membros da comunidade educativa e asumimos os deberes que conleva:

  • Informando a principio de curso aos alumnos e aos pais dos seus dereitos e deberes.
  • Procurando no Colexio un ambiente de disciplina, respecto e tolerancia.
  • Sendo xustos no trato cos alumnos.
  • Dando importancia á titoría grupal e individualizada, como escola para educar en valores.
  • Estimulando aos alumnos para actuar de forma gratuita e desinteresada.

d) O Centro ofrece un servizo de Igrexa aberto a todos:

  • Promovendo a igualdade de oportunidades na admisión de alumnos, favorecendo a integración e ofertando programas de diversificación curricular e propoñendo acitividades escolares e extraescolares que favorezcan este aspecto.
  • Admitimos o pluralismo ideolóxico como base de educación, para que o alumno na construcción do seu proxecto vital integre de forma armónica as ideas, as creencias, os valores e os comportamentos.
  • Fomentamos a presencia do Colexio no contorno:

             - Integrándonos na zona, na parroquia...

            - Permitindo a utilización das instalación para quen as demande.

           - Dando a coñecer actividades colexiales nos medios de comunicacicón.

 

 
¿QUE PRETENDEMOS? PDF Imprimir

  As características que se derivan da nosa concepción educativa son as seguintes:

 a) Na nosa acción educativa procuramos unha educación integral e queremos favorecela integración da personalidade e a promoción de todas as facultades do alumno, adaptándose a súa idade, por iso propómonos levar a cabo:

  1. A reflexión e a autocrítica como proceso de aprendizaxe.
  • Traballando a avaliación inicial, a revisión e a autoavaliación.
  • Facilitando a análise de procedementos de traballo que favorezan un estudio personal.
  • Reflexionando sobre os valores que destacan no carácter propio: fraternidade, solidariedade, liberdade, ser máis que ter, instrumentos de paz.

        2.   A acción titorial.

  • Elaborando anualmente o Plan Titorial.
  • Realizando semanalmente a titoría grupal.
  • Recibindo ás familias e levando a cabo a acción titorial individual.

       3.   O coñecemento e vivencia de valores.

  • Realizando a reflexión da mañá para transmitir aos alumnos valores humanos básicos e sentido da responsabilidade.
  • Amosando aos profesores coherencia entre os valores que queremos transmitir e o noso modo de actuar e vivir.
  • Celebrando semanas, campañas solidarias, xornadas especiais, para propor a vivencia de valores que levan consigo.
  • Personalizando os valores morais como metodoloxía educativa.
  • Insistindo nos valores que destacan no Carácter Propio: fraternidade fronte o individualismo, vontade sobre a razón, predominio do amor sobre o egoismo, do ser sobre o ter, admiración e respecto por todo o creado fornte á destrucción e ser instrumentos de paz.

b) Na nosa acción educativa buscamos a formación de persoas libres con capacidade creativa e espírito crítico, mediante o uso dun recto espírito crítico ante feitos e situacións e a oferta de posibilidades de tomar opcións persoais na nosa forma de educar na liberdade e para a liberdade. Para elo:

  1. Animamos as iniciativas dos alumnos.
  • Favorecendo as iniciativas dos alumnos que contribuan ao desenvolvemento de coñecementos e melloras do proxecto educativo.
  • Fomentando a liberdade respectuosa e a responsabilidade.
  • Educando no espírito crítico para que sexan conscientes e responsables das súas ideas.
  • Favorecendo os canles de participación mediante intercambio de puntos de vista cos educadores sobre a marcha do grupo e da aula, organización de grupos co obxectivo de canalizar opcións, propor actividades, asumir responsabilidades, Consello Escolar, etc.

        2.   Ensinamos e orientamos aos alumnos para ser críticos no seu entorno social e valorar a súa cultura.

  • Creando un ambiente que ofreza a todos a posibilidade de exercer a cooperación e a solidariedade.
  • Afondando no estudio do entorno social e orientar aos alumnos na lectura serea, obxectiva e crítica da realidade.
  • Promovendo, asumindo e participando no desenvolvemento da singularidade da nosa cultura e a nosa lingua.
  • Colaborando activamente no cambio social e na defensa da dignidade humana, a xustiza e a paz.

       3.   Fomentamos o desenrolo da creatividade do alumno, mediante:

  • A realización de traballos persoais de investigación dentro da aula.
  • Utilizando unha pedagoxía que fomente a creatividade do alumno.
  • Suscitando e estimulando a actividade e propiciando o descubrimento de capacidades e destrezas no mundo da investigación, do arte e o uso creativo do tempo de lecer.
  • Promovendo a participación en todo tipo de actividades creativas: literarias, musicais ou artísticas.
  • Fomentando a iniciativa e espontaneidade do alumno.
  • Apoiando a autonomía no traballo e a autoavaliación.

c) Na nosa tarefa educativa temos presente a avaliación de procesos de ensinanza. Para elo:

  1. Fomentamos a autoavaliación.
  • Creamos equipos de traballo entre os profesores de áreas semellantes para revisar, avaliar e propor novos métodos e enfoques de ensinanza. Grupos de mellora.
  • Favorecemos a avaliación cos alumnos dos métodos e programas que posibiliten a mellora cooperativa da aprendizaxe.

        2.   Promovemos a revisión periódica de programas, obxectivos e formas de ensinanza dentro dos Departamentos e Ciclos.

  • Creando equipos de traballo que o leven a cabo.
  • Favorecendo e impulsando os Equipos de Ciclo e Etapa e os Departamentos.
  • Estando atentos á situación real de cada alumno para favorecer a atención á diversidade e ao reforzo educativo.

       3.   Potenciamos a formación continua do profesorado.

  • Ofertamos e facilitamos a asistencia a cursos de formación.
  • Elaboramos plans de formación anuais.
  • Favorecemos a investigación docente na aula e a realización de proxectos de innovación pedagóxica.
  • Dotamos de medios técnicos ao Centro para a axuda educativa.
  • Temos implantado un Plan de Xestión de Calidade para optimizar os nosos resultados educativos. 

 

 

 

 
¿QUEN SOMOS? PDF Imprimir

O noso Centro ten unha serie de caracterísitcas:

  1. Temos un estilo pedagóxico propio que:
  • Ofrece unha educación personalizada, centrada no alumno.
  • Coida a atención á diversidade.
  • Facilita a aprendizaxe coopertativa a través da solidariedade e a cooperación.
  • Fomenta o desenvolvemento da conciencia crítica.

        2.   Ofrecemos unha educación de inspiración cristiana que:

  • Explicita algúns valores que informan toda unha concepción cristiana do home, da vida e do mundo.
  • Propicia unha síntese entre fé, cultura e vida.
  • Imparte unha ensinanza relixosa escolar.
  • Posibilita a celebración da fé e promove a educación da fé de aqueles que o desexan.
  • Crea un ambiente que propicia a testemuña e a acción evanxelizadora dos crentes.

       3.   Valoramos o desenvolvemento das relacións interpersoais:

  • Amosando interese por incrementar a comunicación e implicar a todos os membros da comunidade educativa na Misión compartida.
  • Coidando as relacións profesor-alumno, sentíndonos abertos e cercanos.
  • Favorecendo a disponibilidade para a atención ás familias, establecendo relacións de cercanía entre familia e escola.

    4.    Ofrecemso unha ensinanza de calidade:

  • Coidando a formación permanente e a actualización do profesorado.
  • Participando en experiencias pedagóxicas e en programas de innovación educativa.
  • Favorecendo o uso dos medios técnicos na tarefa educativa, en especial as Tics.
  • Contando cunha certificación de calidade segundo a norma ISO 9001:2000 que se aplica "Aos procesos asociados á prestación da formación reglada en Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Pastora". 

 

 
Colexio PP. Franciscanos Lugo