Educación franciscana
Proxecto Solidario "Raíces Compartidas" PDF Imprimir

 O PROXECTO SOLIDARIO "RAÍCES COMPARTIDAS" DÁ OS SEUS PRIMEIROS FROITOS

O proxecto solidario Raíces Compartidas ten como obxectivo o desenvolvemento da solidariedade e do sentido de fraternidade universal propias do carisma franciscano na nosa comunidade educativa. Con esta finalidade, realizamos distintas actividades de concienciación, educación e accións solidarias.

Entre estas últimas procedeuse á recollida de fondos para destinar ao Colexio San Francisco de Asís de Huaycán, nas aforas de Lima (Perú). Este colexio conta con 1250 alumnos, de idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos. Está é unha misión educativa franciscana de axuda e proxectos sociais destinados aos máis necesitados, situado na periferia urbana marxinal do este de Lima; unha zona de cerros, pedra, po e area, con alta densidade de poboación. Os seus alumnos proveñen de familias en extrema pobreza, con moitas carencias especialmente nos servizos básicos.

 Image

O noso director, Padre Manuel Buján, entregou á dirección do colexio de Huaycán 1.619,98 $ USA o pasado 10 de novembro. Este diñeiro, que foi reunido coa vosa colaboración e esforzo, vai ser destinado directamente aos alumnos do centro a través dun aguinaldo de Nadal, que será entregado a cada familia o día 14 de decembro.

O Equipo Directivo e o Departamento de Pastoral queremos darvos as grazas pola vosa participación e colaboración na implantación do proxecto solidario Raíces Compartidas. Lembramos especialmente aos participantes na Chocolatada Solidaria dos equipos deportivos do noso colexio, aos alumnos de 3º da ESO que elaboraron cadros de arte latinoamericano e aos membros dos grupos da Confirmación que venderon os bolígrafos solidarios; así como aos monitores, profesores e pais que colaborastes de distintos xeitos. A todos Paz e Ben. 

 

 
INTENCIÓNS EDUCATIVAS SEGUNDO A IDENTIDADE FRANCISCANA PDF Imprimir

  O estilo de San Francisco de Asís é o selo propio que caracteriza as escolas promovidas pola Orde Franciscana. A través do seu carisma é como intentamos acadar a formación integral dos nosos alumnos. A escola franciscana ten como trazos propios:

  1. Desenrolar unha función social en contextos populares:
  • Participando activamente na vida cultural e social da cidade.
  • Comprometéndonos por conseguri unha real igualdade de opotunidades para o acceso de todos a unha educación de calidade, excluindo calquera discriminación, adoptando ritmos, métodos e programas axeitados á capacidade de cada un e atendendo con especial interese aos que teñen máis dificultade.
  • Insertándonos na contorna sociocultural para ofrecer unha resposta axeitada ás necesidades dos adolescentes e facendo do Centro un lugar de encontro de quen persigue obxectivos análogos aos nosos.

        2.   Promover un estilo de persoa e sociedade segundo os valores franciscanos:

         2.1.   A fraternidade coa humanidade e a creación enteira.

  • Recoñecendo o amor que Deus ten a todas as criaturas.
  • Buscando a verdade que existe na creación en toda a obra humana.
  • Creando un ambiente de entrega e traballo, de sinxeleza e desprendemento, apertura e alegría, esperanza e felicidade, desinterese e limpeza de corazón na colaboración cos irmáns.
  • Favorecendo a vivencia cristiá dende unha dimensión de gratuidade de festa.

          2.2.   A formación de persoas libres.

  • Queremos educar en e para a liberdade, xa que logo, favorecemos o respecto mutuo, o descubrimento das propias conviccións, o clima de diálogo e sen prexuizos, as relacións e o respecto á liberdade dos demáis, as estructuras participativas que leven á implicación e ao exercicio da propia responsabilidade na construcción dun mundo máis xusto e humán.
  • A proposta duns criterios valorativos, o razonamento das motivacións na actuación das persoas, o uso dun recto espírito crítico ante feitos e situacións, o exemplo de coherencia na vida dos educadores e a oferta de posibilidades para tomar decisións persoais, son algúns dos medios que sempre deben acompañar a nosa educación na liberdade e para a liberdade.

           2.3.   A xustiza e a solidariedade.

  A xustiza é algo inherente á dignidade e á igualdade do home como fillos de Deus, de ahí a nosa educación para a xustiza e a solidariedade é froito da nosa opción de servizo ao home. Por iso:

  • V aloramos o traballo dos alumnos dacordo coas súas posibilidades e o seu esforzo persoal, fomentando a igualdade entre todos.
  • Estimulamos a sensibilidade para compartir cos demais.
  • Intentamos fomentar a solidariedade cos máis necesitados.

          2.4.   A paz e a convivencia.

  A escola Franciscana que ser signo daquela fraternidade que fai posible e consolida o diálogo, a cooperación e a paz entre os homes, sendo portadores da mensaxe de PAZ e BEN que portaba consigo San Francisco de Asís, e que nós queremos trasmitir:

  • Promovendo a acollida e a integración, sen reservas.
  • Favorecendo o recoñecemento e a comprensión das diferenzas entre as perosas, os pobos e os grupos sociais por razón de lingua, cultura, costumes...
    • Asumindo os valores específicos de Galicia.
    • Estimulando nos membros da comunidade educativa o compromiso por facer da convivencia entre todos o noso emblema.
    • Colaborando cos organismo, institucións e persoas que loitan día a día pola paz.

 

                             Image

 
Colexio PP. Franciscanos Lugo