Acción pastoral
CONFIRMACIÓN PDF Imprimir

 Image

 

Un grupo de alumnos do Colexio recibiu o sacramento da confirmación, de mans do bispo da diocese Mons. Afonso Carrasco Rouco. A celebración tivo lugar na parroquia de Santiago A Nova o pasado venres 28 de abril as 20 horas. Xunto cos 14 alumnos e alumnas de Franciscanos foron confirmados outros 20 mozos da parroquia. 

 

 
OPERACIÓN QUILO PDF Imprimir
Image
 
1348 GRAZAS. Domund 2016 PDF Imprimir

A campaña do Domingo Mundial das Misións (DOMUND) que tivo lugar o 23 de outubro conseguiu recadar 1348,73 euros no noso Colexio.

 O DOMUND é unha campaña solidaria que organiza Obras Misionais Pontificias, o organismo dependente do Papa para as misións, destinada a apoiar as obras da Igrexa naqueles países máis empobrecidos. Participar nela é un xeito ensinarlles aos nosos alumnos o valor da solidariedade e do compartir con quen ten menos recursos.
Moitas grazas a todos por participar. 

Image

 
ADVENTO PDF Imprimir

 Chegou o tempo de Advento e a Igrexa ponse en marcha para acoller a Xesús que nace. Non te durmas, é tempo de espertar e vixiar porque está cerca, é tempo de cambiar, de converterse, de estar ledos na esperanza e de disporse a acollelo como María.

Cada domingo recibiremos unha LUZ para a semana e como as agullas do reloxo avanzaremos cara ao Nadal, para atoparnos con un neno que cambiará  a nosa historia e o noso tempo. Hai un antes e un despois de Cristo na historia que haxa un antes e un despois tamén na nosa vida.

Axustemos o noso corazón, sincronicemos o noso reloxo co latexo do Deus da Vida.

Feliz tempo de Advento.

Image 

 
ACTIVIDADES DE PASTORAL 2014/2015 PDF Imprimir
 

Lema do curso 2014 / 2015

O outro é un agasallo... Descúbreo 

O Colexio Padres Franciscanos de Lugo, como centro educativo franciscano, ten como obxectivo xeneral contribuír á misión da Igrexa no eido da educación. Por tanto, o carácter propio do Centro determina a súa finalidade e a razón última da súa existencia. Neste sentido, entendemos que a acción pastoral engloba toda a actividade educativa, a través da transmisión dun conxunto de valores propios dunha visión da persoa e da sociedade de inspiración cristiá, concretamente do carisma de Francisco de Asís. Por tanto, intentamos que, máis aló das actividades de carácter especificamente pastoral, toda a acción educativa do noso colexio responda a esta finalidade última. Así, algúns dos valores que inspiran a nosa acción educativa son: a menoridade, a humildade, a fraternidade, o  esforzo, la alegría, a igualdade, o respecto, a solidariedade.

Desde unha perspectiva pedagóxica,  o noso modo de educar prima a atención personalizada aos nosos alumnos e ás súas familias por riba das capacidades intelectuais e físicas, os recursos económicos ou a orixe étnica. Configurase así un estilo educativo que presenta a Deus como fonte de vida, alegría e realización plena da persoa en calquera circunstancia que viva.  

 A concreción destes principios realizase a través dunha serie de acción propias do Departamento de Pastoral, que comezan canda o curso. O primeiro momento consiste na celebración do día de San Francisco, fundador da orde franciscana e padroeiro do Colexio, propóñense  actividades para desenvolver en cada titoría e oracións na igrexa por etapas educativas. O fío condutor é o Cántico das Criaturas de San Francisco. 

Para a comunidade franciscana en Galicia este ano é moí especial, posto que se celebra o 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Con este motivo realizamos cos alumnos de E.S.O. unha pequena peregrinase ata Santiago de Compostela, que poden seguir en http://www.colexioppfranciscanoslugo.org/index.php?option=com_ponygallery&Itemid=32&func=viewcategory&catid=77

Ao remate da primeira avaliación prepararemos e celebraremos o Nadal ambientando o colexio.  Unirémonos á iniciativa solidaria da Operación Quilo, no mes de decembro. Con esta campaña desenvolvemos o nosos espírito solidario, que xa traballaramos antes coa colecta do Domund. Finalidade solidaria teñen tamén as xornadas Contra a Fame de Mans Unidas e a xornada do Amor Fraterno de Cáritas.

A remates de xaneiro, coincidindo co Día da Paz, xuntarémonos nunha actividade cos outros colexios relixiosos de Lugo. Co gallo deste día  lembramos aos grandes loitadores polos dereitos humanos e pola paz  ao longo da historia en cada continente. Dun xeito especial faremos mención a Gandhi e a Nelson Mandela, cuxo  pasamento tivera lugar en decembro do ano 2013. Eles sérvennos de exemplo e de estímulo para non decaer no noso traballo por acadar un mundo mellor. Neste  acto conxunto as  mellores verbas destes grandes seres humanos  volverán soar; porque aínda queda moito camiño por percorrer ata chegar a conseguir un mundo en paz.

A mediados de curso, coincidindo cos tempos litúrxicos de Coresma, Semana Santa e Pascua realizaremos distintas actividades de ambientación no colexio. E xa cara ao final, en maio, celebraremos o mes de María a Nai de Xesús e nai nosa.

Ao longo do ano  desenvolveranse  as actividades da catequese. No mes de outubro comezarán a preparación as nenas e nenos da Primeira Comuñón. Este ano os seus catequistas serán Anielka e Olga. Un pouco máis tarde, no mes de novembro, iniciarase a preparación para a confirmación, cuxos catequistas son Marta e Rubén. Estas dúas actividades rematarán coa ledicia das celebracións do Sacramento da Confirmación e da Primeira Comuñón. A primeira, presidido polo bispo Afonso na Parroquia de Santiago A Nova. A segunda, coa celebración das Primeiras Comuñóns os días 30 e 31 de maio na igrexa do colexio. 

O Equipo de Pastoral agradécevos a colaboración,  o esforzo, a ilusión e o interese en que estas actividades se fagan realidade da mellor maneira.  A colaboración de todos: alumnos, pais, profesores e persoal non docente é sempre fundamental para nós. Grazas a todos e, grazas a Deus, que nos convoca de novo para continuar traballando na súa Igrexa. 

Unha aperta de Paz e Ben para todos; que o Señor nos bendiga e nos garde. 

 
 
 
Colexio PP. Franciscanos Lugo