Departamento de orientación
INFORMACIÓN DE INTERESE PDF Imprimir

Dende o Departamento de Orientación, achegamos unha serie de direccións web con información de interese sobre o noso sistema educactivo:

  • http://ciug.cesga.es/titulaciones.html: Esta páxina contén información sobre as probas de acceso á universidade, estructura das probas, horarios, sistema de calificación, ponderación, calendario, lexislación, exames de edicións anteriores, solucións, etc.
  • http://guiauniversidades.uji.es/base/ : Nesta dirección pódese consultar a oferta educativa de nivel universitario que pódese cursar no noso país.
  • http://www.edu.xunta.es/fp/: Dirección sobre a Formación Profesional na comunidade autónoma de Galicia: oferta educativa, requisitos de acceso, ciclos formativos de grado medio e superior, acceso á universidade de titulados en ciclos superiores, vídeos sobre algúns ciclos formativos de diferentes profesionais, estudos sobre a inserción laboral de persoas tituladas en FP, etc.
  • http://www.edu.xunta.es/ea/ : Contén información sobre as ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas, educación de adultos, ensinanzas de idiomas e programas europeos e internacionais.
  • http://todofp.es/ : Páxina do Ministerio de Educación e Ciencia sobre a FP. Entre a información dispoñible nesta páxina, cabe destacar: oferta de ciclos de grado medio e superior, vídeos informativos sobre algunhas familias profesionais, a FP a través de internet e información sobre o mercado laboral.

 Image

 
FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PDF Imprimir

As funcións deste departamento son:

  1. Favorecer o axeitado desenvolvemento da función titorial: proporcionar asesoramento, material,e, en xeral, apoio aos profesores titores.
  2. Contribuir ao proxecto do Centro nos seus diferentes aspectos: proxecto curricular, programa de integración, de formación do profesorado, innovacións educativas...
  3. Promover a cooperación entre familia e centro na educación dos alumnos.
  4. Contribuir ao desenrolo dos elementos personalizadores da educación: adaptacións curriculares, programas de desenrolo individual etc.
  5. Axudar aos alumnos a conquerir unha boa integración no Centro e no grupo de compañeiros, sobre todos nos intres de transición, chegada ao Centro, no paso de ciclo, dun grupo a outro, nos problemas de convivencia etc.
  6. Informar, asesorar e orientar de modo personalizado aos alumnos diante de calquer opción que deban tomar fronte ás distintas posibilidades educativas e profesionais.
  7. Intervir en toda clase de decisións relativas aos alumnos, principalmente no relativo á promoción dun ciclo a outro e nos reforzos educativos,
  8. Detectar a tempo os posibles problemas de aprendizaxe nos alumnos axudándoos a superalos mediante oportunos modos de intervención: dende técnicas psicopedagóxicas  de instauración de capacidades básicas, ata procedementos de ensinar e pensar, ou de iniciación e afianzamento das técnicas de estudio. 
 
ACTIVIDADES NESTE CURSO PDF Imprimir

 O Departamento de Orientación ten programadas as seguintes actividades:

  •  Realización dun curso de técnicas de estudo para os alumnos.
  • Recollida de información dos resultados das avaliacións e valoración das medidas educativas máis apropiadas para os alumnos con dificultades de aprendizaxe e seguemento das mesmas.
  • Elaboración de fichas psicopedagóxicas, nas que se reflictirán os resultados acadados por cada alumno nas distintas probas aplicadas.
  • Aplicación do cuestionario de intereses profesionais de María Victoria de la Cruz aos alumnos de 4º de ESO e do cuestionario de aptitudes a todos os curso de Secundaria.
  • Revisión do plan de acción titorial na ESO.
  • Colaboración na elaboración do Plan de mellora para a convivencia.
  • Detección de trastornos e dificultades de aprendizaxe e deseño de medidas oportunas.
  • Elaboración de unidades pedagóxicas para os alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe.
 
Colexio PP. Franciscanos Lugo