Outros servizos
LA SCRIPT FRANCISCANA PDF Imprimir

 

     O vindeiro mes poñemos en funcionamento unha nova e moi recomendable actividade extraescolar que desenrola as intelixencias múltiples a través das novas tecnoloxías da información e a comunicación, "A Script franciscana".
     O século XXI é o século da tecnoloxía e as comunicacións, implica o coñecemento dunha serie de ferramentas para afrontar o futuro de xeito eficiente e eficaz. Por iso nesta actividade preténdese utilizar as actividades que mellor se adapten a esta posibilidade, favorecendo o desenrolo das competencias básicas ao tempo que se fomenta o aprendizaxe das TICS.
     A Script é unha actividade que pretende ensinar a edición de vídeos a través da historia do cine, aunando elementos da cultura xeral (máis próximos aos nenos e nenas), de tal xeito que usando historias inconexas entre sí, consigan como resultado historias con coherencia. 
      Nun primeiro intre está dirixida ao alumnado do derradeiro ciclo de Ed. Primaria (5º e 6º) en dúas quendas: Grupo 1, mércores de 16:30 a 18:00 e Grupo 2, xoves de 16:30 a 18:00.
 Image

 

 
ALEXIA PDF Imprimir

Xa está listo o enlace á nova plataforma Alexia!

 https://web.alexiaedu.com/ACWeb/LogOn.aspx?key=oJ2Nk1MsWZw%253d

Image 

 
COMEDOR PDF Imprimir

Image

 O Colexio PP. Franciscanos dispón dun servizo de comedor para os alumnos que o precisen. O seu horario  é de 14:00 a 15:15 horas.

 Este servizo pode ser usado cun abono anual ou ben cun abono puntual para días soltos previo aviso na secretaría do Centro.

 O comedor é empregado por alumnos que son recollidos ás 15:15 horas e por nenos que unha vez rematado o xantar participan nas actividades extraescolares de Luditarde (Ed. Infanti) ou Tarde Cultural (Ed. Primaria e ESO).

 O menu é divulgado cada mes aos pais na secretaría do Colexio,  na procura duns hábitos saúdables de alimentación 

 
Colexio PP. Franciscanos Lugo