A.M.P.A.
CONFERENCIA PDF Imprimir
 O próximo xoves día 15 ás 20h no Salón de Actos, terá lugar a conferencia organizada pola ANPA co Colexio, "EDUCAR, UN PROXECTO CON DIÁLOGO", acargo de Iria Salvador Pérez.
 
CONFERENCIA PDF Imprimir
Image
 
CONVIVENCIA AMPA PDF Imprimir

O pasado domingo día 20, pais, mestres e alumnos tiveron unha xornada de convivencia, realizando unha etapa do Camiño de Santiago entre Triacastela e Samos.

A xornada rematou cun xantar en Samos e cunha visita ao monasterio.

Destacar que os máis cativos remataron a andaina na súa totalidade.

 Image

 
ASOCIACIÓN DE MAIS E PAIS DE ALUMNOS PDF Imprimir

     A xunta directiva da AMPA (http://www.ampafranciscanoslugo.org ) está formada actualmente polos seguintes membros:

  • Presidente: D. Jorge Maciñeiras Cela                                            
  • Vicepresidente: D. Manuel José Vázquez Pena   
  • Tesoreiro: D. Ángel Fernández Fernández
  • Secretaria: Dona Rosa Soto Guardado
  • Vocal: Mª Jesús Méndez Meilán
  • Vocal: D. José Antonio Gómez Arias

 Image

D. Jorge Maciñeiras (presidente da AMPA) 


    É función da AMPA tentar acadar, respectando o ideario educativo do Colexio, os seguintes fins:

 

  1. Promover a formación integral dos alumnos do Centro en colaboración e coordinación con todos os demais membros da comunidade educativa.
  2. Colaborar con Colexio en orde a un mellor cumprimento dos seus fins.
  3. Defender os dereitos da familia en relación á educación dos fillos.
  4. Cooperar co resto da comunidade educativa para a súa transformación nunha auténtica comunidade cristiá.
  5. Fomentar e procurar a formacion dos asociados en orde ao cumprimento da súa misión de pais e educadores.
  6. Promover a cooperación, axuda e asistencia social entre todos os membros da comunidade educativa.
  7. Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do Centro.
  8. Asistir aos pais dos alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control do Colexio.
  9. Facilitar a representación e a participación dos pais dos alumnos no Consello Escolar.

 


    Poderán ser socios da Asociación os pais e titores legais dos alunos do Colexio. Tamén poderán ser socios as persoas xurídicas, legalmente constituidas, sexan públicas ou privadas que de algunha maneira teñan interese en servir aos  fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva.

 

    Os socios teñen dereito a:

   a) Participar e beneficiarse das actividades e servizos que organice a Asociación, con arreglo ás normas que se establezan.

    b) Ser informado sobre a marcha da Asociación.

    c) Asistir con voz e voto ás reunións da Asamblea Xeral.

    d) Elixir e ser elixido membro dos óganos de goberno.

    e) Solicitar aos órganos de goberno da Asociación o exercicio das accións que se consideren necesarias para defender os intereses dos asociados.

    Os socios teñen a obriga de:

    a) Cooperar na consecución dos fins da Asociación e na lealización das actividades e servizos que ésta organice.

    b) Cumprir o sinalado nos Estatutos e os acordos lexitimamente adoptados polos órganos de goberno da Asociación.

    c) Satisfacer as cuotas e derramas fixadas pola Asamblea Xeral.

 


    Seguindo os acordos adoptados pola Asamblea Xeral, no presente curso académico a cuota que cada familia abona á Asociación, independentemente do número de fillos que teña no Colexio, é de 35 € anuais.

    A Asociación entre outras funcións:

 

  1. Organiza as actividades extraescolares deportivas do Centro.
  2. Colabora na adquisición de libros e videos para a biblioteca do Colexio.
  3. Asume os gastos de elaboración da revista de fin de curso do Colexio, entregando un exemplar a cada alumno.
  4. Organiza conferencias de actualidade e interés para a educación dos nosos fillos.
  5. Adquire material deportivos para uso dos alumnos.
  6. Organiza a festa fin de curso do Centro.
  7. Asume os gastos de excursións e visitas culturais dos alumnos (transportes, entradas de pago, etc.)

   A Asociación dispón dunha conta de correo electrónico, Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , na que poden poñerse en contacto cos membros da Xunta Directiva, así como recibir as notificacións que ésta realice.

 

 
Colexio PP. Franciscanos Lugo