LAUDATO SÍ. ECOLOXÍA POLA PAZ PDF Imprimir

O pasado venres, día 10 de febreiro, tivo lugar a celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia.

Cada ano coincidindo co aniversario da morte de Gandhi os colexios relixiosos de Lugo realizan actividades de sensibilización sobre a paz no mundo. Este ano o lema foi “Laudato  si, ecoloxía pola paz”, co gallo da publicación da encíclica ecolóxica do Papa Francisco. Os obxectivos desta celebración foron:

·        - sensibilizar e reflexionar sobre os problemas medioambientais do noso planeta.

·      - tomar conciencia e denunciar os distintos impactos mediambientais producidos polo home, así como as consecuencias que estes teñen para o do planeta e, en concreto, para os máis desfavorecidos.

·      - anunciar a proposta da Igrexa dunha ecoloxía integral partindo da proposta do Papa Francisco na súa encíclica “laudato sí”.

·       -  integrar a cultura de pensamento e o traballo cooperativo nas nosas aulas.

A xornada comezou co envío por parte do Bispo da Diocese, Monseñor Carrasco Rouco, dos alumnos que representaban a cada colexio. Posteriormente cada grupo estableceu un posto de información aos viandantes. No noso caso, os alumnos de 2º da ESO instaláronse na Rúa da Raíña.

O resto do alumnado traballou durante a mañá nos distintos temas  da encíclica. Ás doce e media todos os grupos participaron nun acto conxunto no patio do colexio. As actividades remataron coa lectura dun manifesto elaborado coas achegas de cada curso. 

 Image

 
< Ant.   Seg. >
Colexio PP. Franciscanos Lugo