Calendario escolar

« < Setembro 2010 > »
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Destacamos

 
ENTROIDO

Don Carnal chegou ao Colexio traendo consigo a Pi e Pa, Miñoca e Pete o coello espacial. Polos recunchos do noso edificio surxiron elegantes pingüins e coloridos paiasos, mosqueteiros da súa maxestade o Rei Sol e flautistas de sombreiro verde e pluma vermella.

Noivos e noivas felices, iougures, animadoras, hippies, romanos e un grupo de artistas que demostraron que o rock non está esquecido.

O desfile de todos eles encheu de cor e de alegría o patio durante unhas horas deixándonos cheos dos urxentes desexos de que Don Carnal tarde en marchar e de que volte axiña se é que ten que partir logo do mércores de cinza.

Image

 
CTO. PROVINCIAL DE CROSS

Excelentes foron os resultados dos nosos atletas no Campionato Provincial de Campo a Través de Cross. No parque da Feria Exposición os corredores da camiseta vermella obtiveron os seguintes postos:

  • 4 medallas individuais a cargo do ouro da benxamín Lucía López López, as pratas de Nerea Martínez Casanova en infantil feminino e de Miguel González Carballada en infantil masculino e do bronce de Alejandro Rois Carroceda tamén na carreira infantil masculina. 
  • Por equipos obtivemos os campionatos provinciais en alevín feminino, alevín masculino e infantil masculino. Prata para os conxuntos benxamín e infantil feminino.Terceiro posto do podium infantil masculino do equipo B.
Image
 
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA

O pasado luns celebrouse o Día Escolar da Non Violencia para os nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria.

Entre outras actividades cada clase confeccionou una pomba blanca chea de mensaxes de paz que aínda están a voar dentro do claustro do Centro.

Recolléronse tamén mensaxes que foron botados ao ceo con globos.Representouse a historia da pelexa das cores no mundo e cantouse pola Paz

Máis cedo que tarde  teremos as imaxes do acto na nosa galería.

 Image

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 17 - 20 de 42
Colexio PP. Franciscanos Lugo