|
FASE CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS |
|
Este domingo disputouse no Parque da Feria Exposición a fase clasificatoria da zona centro na modalidade de campo a través.Os nosos atletas deixáronnos unha maravillosa actuación. Primeiro posto para o equipo benxamín feminino con Lucía López no primeiro lugar e Ana Martínez no 3º da clasificación individual. Primeiro e terceiro lugar para os dous equipos alevíns femininos cun mellor posto individual de Carmen Gómez Usero no 2º posto. Os tres equipos da categoría alevín masculina obtiveron o 1º, 3º e 4º posto da xeral. Pablo Méndez foi o vencedor da proba seguido de Andrés Gómez Rocha. 2º escalafón para as nenas infantís coa victoria de Nerea Martínez. Primeiros e segundos foron os infantís masculinos cun podium completo a través de Miguel González, Adrián Diéguez e Alejandro Rois. Alicia Seijas, Raquel Fernández e Leticia Reboredo conformaron o conxunto cadete que obtivo a medalla de bronce. Pola súa parte o equipo masculino formado por José González Portero, Marcos Cintrón, Chema Díaz e Jorge Maciñeiras subiron ao segundo peldaño do podium. A vindeira cita o próximo fin de semana no Cto. Provincial que otorgará o pase ao Cto. Galego. |
|
|
CTO, PROVINCIAL DE KARATE |
|
Neste domingo derradeiro día de Xaneiro celebrouse no Pabillón Municipal dos Deportes de Lugo o Campionato Provincial de Karate. En kata individual os deportistas do noso Colexio obtiveron os seguintes resultados: - Benxamín Masculino: 1º Mateo Basadre Santos, 3º Hugo Martínez Casanova.
- Infantil Masculino: 2º Lucas García Abuín.
- Infantil Feminino: 1ª Mara Vila Muñoz.
- Xuvenil Feminino: 2ª Paula Ramos Osorio.
En kata por equipos o equipo infantil mixto composto por Mara, Alejandro e Lucas acadaron a medalla de bronce. |
|
|
MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO |
|
Gran actuación dos nosos atletas no Memorial Alejandro Lorenzo de campo a través disputado na mañá do domingo no ourensán circuito de Monterrei. O equipo benxamín feminino fíxose coa 2ª posición, sendo Lucía López a gañadora individual da proba. 2º posto tamén para o conxunto alevín feminino. Os alevíns masculinos obtiveron o 3º posto do podium, sendo 2º os infantís masculinos. Noraboa a todos.  |
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 21 - 24 de 42 |