|
Maravillosas as actuacións dos nosos cativos neste tempo de Nadal. Os nenos e nenas de Ed. Infantil e primeiro ciclo de Ed. Primaria mostraron como unha clase que non coñecía o verdadeiro sentido do Nadal, grazas á súa mestra, era quen de encherse dese espírito e preparar os agasallos para Xesús, María e Xosé. O venres apareceron sobre o escenario cincuenta duendes do 3º curso de Ed. Infantil que de a pouquiños, en parellas foron ensinándonos en clave de rima, a función do turrón, das grinaldas, da árbore de Nadal ou das figuriñas do belén nestas datas. Moitas grazas a todos eles e ás súas mestras polo esforzo e a ilusión que puxeron neste empeño.  |