Calendario escolar

« < Setembro 2017 > »
L M Me X V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Sindicación

Destacamos

O día de 15 recibimos aos alumnos e alumnas de intercambio do colexio Notre Dame de Lourdes de París que estarán convivindo coas nosas familias durante unha semana e que veñen a devolvernos a visita que xa lles fixeron os nosos rapaces.
Agardamos que sexa para eles unha experiencia irrepetible e sexan moi, moi felices entre nós. 

 

"Somos bos predicadores cando poñemos en práctica o que dicimos" San Francisco de Asís 

 

Algunhas imaxes do noso Nadal en GALERÍA/XORNADAS ESPECIAIS/NADAL 15 

 
 
As imaxes do VII Concurso Literario "Historias de El Progreso" están disponibles en GALERÍA/XORNADAS ESPECIAIS/ VII CONCURSO LITERARIO.
 

  

 

Dende aquí podedes descargar o primeiro número da nosa nova revista dixital. Esperamos que vos guste. 

http://www.colexioppfranciscanoslugo.org/index.php?option=com_docman&task=cat_view&gid=113&Itemid=33

 

Novos documentos sobre os libros e as nomas do curso 2012-2013 en RECURSOS/ADMINISTRACION

 
 

Lista definitiva dos libros do novo curso 2014-2015 en Recursos/Administración

 
PROXECTO SOLIDARIO. ARTÍSTICA 3ºESO

Os alumnos  de 3º da ESO, a través da materia de Educación Artística, participamos no Proxecto Solidario Raíces Compartidas.
Ao longo deste trimestre os alumnos de 3º da ESO coñecemos a obra de distintos pintores contemporáneos latinoamericanos. Divididos por grupos de cinco escollemos unha pintura senlleira e elaboraron un ha copia. O resultado podédelo ver no claustro do Colexio. Son 10 cadros pintados sobre táboa, que queremos ofrecer como a nosa achega ao proxecto solidario. Lembrámosvos que se trata dunha colaboración co Colexio San Francisco de Asís de Huaycán, en Lima.
A nosa intención é doar as nosas obras para que podades mercalas. Fixamos un prezo de saída de 50€ por cada unha. Pero podedes ofrecer máis por elas. Moitas grazas pola vosa colaboración. 

 Image

 
VIII CONCURSO LITERARIO

O pasado 19 de Abril celebrouse a cerimonia de premiados da oitava edición do Concurso Literario do Colexio que este ano baixo o título "O Museo Provincial de Lugo e as súas historias", adicouse ao ente provincial.
O acto, que foi conducido polo mestre D. Jose Carlos Ulloa, contou coa presencia da directora do Museo Provincial de Lugo, Dª Aurelia Balseiro García, o presidente da AMPA do colexio, D. Jorge Maciñeiras Cela, o director titular D. Juan Manuel Buján García, o director pedagóxico D. Ricardo López Lamela, os alumn@s premiados de 3º de Ed. Primaria a 4º da ESO, as súas familias e mestres.
 Importante tamén foi a presencia de Iria Fernández maravillando ao público coa súa viola, do mesmo xeito que Roque Fernández engalanou a entrega de mencións interpretando a Marcha do Antigo Reino de Galicia á gaita. 
Asemade os presentes puideron desfrutar da actuación dun contacontos grazas á sempre presente colaboración neste concurso da Editorial Anaya.

 Image

O IX Concurso Literario do Colexio Plurilíngüe Franciscanos de Lugo, xa está en marcha! 

 

 

 

 
Revista Dixital Cortiñas. Marzo 2016

 

Xa está dispoñible, despois dun pequeno problema técnico, no enlace http://issuu.com/anxobuide/docs/revista_digital_toda o primeiro número deste curso, no que queremos amosar o traballo que fan os vosos fillos e os nosos alumnos. Esperamos que esta publicación sexa do voso agrado.

Un saúdo.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 40 de 136
Colexio PP. Franciscanos Lugo