Calendario escolar

« < Setembro 2010 > »
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Destacamos

 
LICEO
DOBLE ÉXITO DO CADRO BENXAMÍN.
 
Os alumnos de Terceiro de Educación Primaria lograron o pasado sábado o Campionato Local para equipos formados por xogadores de primero ano de Benxamíns logo de acadar 11 victorias consecutivas trala única derrota pola mínima na xornada inaugural ante o Colexio Salesianos, e sacandolle nove puntos ó segundo clasificado, o Divina Pastora.
 
Ademais, este luns tivo lugar o encontro de volta da Final do Liceo no que o equipo é Prebenxamín contra o Colexio Rosalía que logo de darse unha serie de situacións anómalas e alleas ó noso equipo ó longo do encontro acadamos o Campionato Provincial e o conseguinte pase ó Campionato Galego na tanda de penaltis, ó impoñernos por 1-0, destacando a gran actuación de todo o equipo ó longo do torneo.
 
O vindeiro día 13 de xuño tentarán chegar o máis lonxe posible na Fase Final Galega que terá lugar o no Colexio Liceo A Paz.
 
NORABOA a Yoel, Roque, Iago, Rubén, Pablo Vilariño, Pablo Tomé, Adrián, Óscar, Marta, José, Diego, David, Mateo e  Paulo E MOITA SORTE...
 
OS CONTOS DO MORTERO

Os nenos e nenas do grupo B de Primeiro de Primaria representaron a semana pasada unha obra titulada "Os contos do Mortero".

Acompañados pola súa mestra Manuela Isorna fixeron a delicia dos asistentes á súa representación de estrela e carapuchiñas e lobos de cores.

Image

Fotos en Galería / Teatro / Os contos do mortero

 
RESULTADOS LICEO LA PAZ
Este Luns tiveron lugar os encontros entre o Colexio Rosalía e o Colexio Franciscanos no Pavillón do Colexio Rosalía nas categorías Iniciación, Prebenxamín e Alevín con sorte dispar para os nosos equipos.
 
Na Categoría de Iniciación os alumnos de Segundo de E.Primaria do noso colexio, perderon pola mínima logo dun encontro moi disputado no que calquera dos dous equipos puido vencer, aínda que a escadra local estivo máis afortunada de cara ó marco rival.
 
Na Categoría Prebenxamín os alumnos de Terceiro de E.Primaria, obtiveron unha victoria 4-5 pola mínima a pesares de disputar un dos seus peores encontros da tempada ó ter moitas imprecisións e falta de concentración, pero aínda así dependen de gañar o vindeiro luns no noso Colexio para certificar o campionato local e o conseguinte pase á final Provincial que terá lugar a finais do presente mes.
 
En Categoría Alevín, os de Sexto de E.Primaria, xogaron un encontro sen historia algunha ante un rival moi inferior ó que se impuxeron por un contundente 2-11 aínda que dispuxeron de numerosas ocasións para acadar unha renta máis ampla e desta forma contan os seus partidos por victorias e este venres xogarán un encontro clave no Colexio de Illa Verde ante os anfitrións onde se porá en xogo parte das súas opcións de quedar campións locais.
 
O vindeiro luns día 10, no patio do noso colexio disputaranse varios encontros destacando o do equipo de Categoría Prebenxamín que se xoga meterse na final provincial, ás 17.15 Horas.
 
16.30 Franciscanos-Rosalía (Categoría Iniciación)
 
17.15 Franciscanos-Rosalía (Categoría Prebenxamín)
 
18.00 Franciscanos-María Auxiliadora (Categoría Alevín)
 
CONTAMOS COA VOSA PRESENZA...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 9 - 12 de 42
Colexio PP. Franciscanos Lugo