IMAGINACIÓN SIN FRONTERAS

É a nosa misión atender ao desenrolo e o comportamento social dos nosos rapaces, formentar neles unha serie de competencias emocionais e relacionais máis importantes e necesarias aínda que as académicas. E tendo moi presente este desexo, vimos de realizar o acto de premiación do IX Concurso Literario, adicado este curso á organización internacional sen ánimo de lucro, Médicos Sin Fronteiras,
Os 16 galardoados foron homenaxeados nun evento no que contamos coa presenza da multiexpatriada Mónica ´Álvarez, que colabora  dende fai anos con nós, cun maravilloso grupo musical formado polo noso xefe de estudios, Anxo Buide e os nosos mestres Ginés Vázquez e Germán Cordo, que estiveron acompañando a preciosa voz da maravillosa de Noelia López Gómez, tamén moi vencellada ás nosas actividades académicas.
Como sempre a presentación correu a cargo da sentida oratoria de Jose Carlos Ulloa, escritor e docente do noso claustro e puidemos desfrutar co contacontos ourensán Iago e a historia da costureira Anxeliña.
Esperamos xa con impaciencia as historias do décimo aniversario da nosa festas das letras e das palabras! Que a imaxinación tampouco teña fronteiras

Image 

Algunhas imaxes en GALERÍA/XORNADAS ESPECIAIS/ IX CONCURSO LITERARIO