CONVIVENCIAS COLEXIOS FRANCISCANOS DE GALICIA

Os alumnos de 5º de Primaria do noso colexio recibiron aos alumnos de 5º do colexio da Coruña. A convivencia tivo lugar o día 5 de maio baixo o lema “Ser franciscano”. Despois dunha oración de benvida, os alumn@s realizaron xogos e dinámicas de presentación e reflexión sobre os valores franciscanos. A continuación realizaron o tramo urbano do Camiño Primitivo, pasando pola Catedral de Lugo e finalizándoo na Ponte Romana. Despois de comer no Parque do Miño, visitaron as Termas Romanas e despedíronse ata o próximo curso.

Pola súa banda, os alumnos de 6º desprazáronse ata Coruña o día 12 de maio. A xornada centrouse na capacidade da escoita, o lema foi “Como andas de oído?”. Comezamos cunha oración na igrexa. No patio do colexio desenvolveuse unha olimpíada onde o importante era exercitar a escoita activa. A climatoloxía adversa non nos permitiu saír para realizar a visita á Cidade Vella; polo que se organizaron xogos no ximnasio. O día rematou cunha dinámica sobre os valores dunha boa convivencia e a elaboración dun mural.

Image